Os usuarios de coches eléctricos piden unha plataforma única de carga en España
Só 7 de cada 100 turistas alugan un coche eléctrico nas súas vacacións, segundo un estudo recente elaborado por Europcar
Os condutores habituais destes vehículos aseguran que a rede de recarga existente tanto en España coma no resto de Europa permite chegar a calquera destino de vacacións sen dificultade
Planificar as paradas evitará sorpresas
Pepe Lombardía planifica unha viaxe de máis de 2.200 quilómetros no seu coche eléctrico. É unha ruta que fai con frecuencia, en dous días chegará a Inglaterra.
"Saes da casa co coche cargado ao cen por cento e iso dáche uns 350 quilómetros de autonomía e o coche vai indicando onde tes que parar e canto tes que parar", di Pepe Lombardía, delegado da Asociación de Usuarios de Vehículos Eléctricos, con máis de 16.000 asociados en España.
A dispoñibilidade de puntos de carga di que non será un problema pero bota en falta unha plataforma única de pago e unha maior competencia de prezos.
"Se vas parar en Repsol, necesitas a aplicación de Repsol, se paras na de Endesa, a de Endesa, ao fin é un caos. Realmente o que nos fai falla en España é que haxa unha plataforma e un medio de pago que aune todas e unha maior competencia nos prezos", afirma Lombardia.
Durante a noite, no hotel, o noso condutor terá tempo para cargar a batería do coche ao cen por cento. De feito cada vez son máis os establecementos que ofertan este servizo para os seus clientes.
"Nos témolo dende hai dous anos e fomos apliando prazas porque a demanda é alta".
"É algo que está moi implantado, moito máis incluso fóra do noso país. Portugal é o claro exemplo, a rede de coches eléctricos en Portugal está moito máis desenvolvido e nós temos moitos clientes portugueses", contan os responsables de distintos hoteis de Santiago.