Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda defende na China o potencial de Galicia para ser referente europeo no vehículo eléctrico

Rueda defende na China o potencial de Galicia para ser referente europeo no vehículo eléctrico

O presidente da Xunta visitou a fábrica de baterías de SAIC, un dos maiores grupos automobilísticos do mundo

Esta foi a última parada da primeira viaxe oficial de Alonso Rueda á China, cun obxectivo prioritario na axenda: atraer investimentos a Galicia para consolidala como referente en Europa no sector do vehículo eléctrico

G24.gal 25/04/2026 14:32

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, remata este sábado a súa viaxe oficial de tres días a China. Na última xornada visitou a fábrica de baterías que o grupo SAIC ten en Zhengzhou, onde defendeu as vantaxes que ofrece Galicia ás empresas da automoción, pola súa sitiuación xeográfica e a experiencia na industria do motor dende hai décadas.

Con máis de 250 empresas e centros de innovación vencellados á automoción e a conexión que ofrecen os portos a puntos estratéxicos como o Reino Unido, Galicia preséntase na China como un lugar propicio para os futuros investimentos da industria chinesa do motor en Europa. A estas vantaxes, a Xunta suma a súa aposta polas novas enerxías.

Isto foi o que lles trasladou, apunta o Goberno galego, Alfonso Rueda aos máximos directivos de SAIC, un dos principais fabricantes de coches do país asiático, cos que se reuniu estes días. 

Este sábado o presidente percorreu a factoría de baterías de nova enerxía que o grupo ten en Zhengzhou, que é un dos complexos industriais "máis avanzados" do plantea na mobilidade eléctrica, con capacidade para producir cada ano uns 300.000 packs de baterías.

Esta foi a última parada da primeira viaxe oficial de Alonso Rueda á China, cun obxectivo prioritario na axenda: atraer investimentos a Galicia para consolidala, apunta a Xunta, como referente en Europa no sector do vehículo eléctrico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar