Xa se poden solicitar as axudas do plan Auto+ para mercar vehículos eléctricos
As subvencións terán carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro
As achegas estarán dispoñibles ata o 31 de decembro e contan cun orzameno de 400 millóns de euros
Europa Press-Arquivo
Os particulares con residecia legal en España xa poden solicitar desde este martes as axudas do programa Auto+ para a compra de vehículos eléctricos e electrificados. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de decembro, mentres que a liña destinada a persoas físicas conta cunha dotación máxima de 350 millóns de euros.
O programa, que substitúe ao Plan Moves e ten carácter retroactivos desde o 1 de xaneiro, contempla subvencións de 4.500 euros para turismos electrificados, 5.000 euros para furgonetas, 1.100 euros para motocicletas e 1.500 euros para cuadriciclos. Ademais, inclúe unha segunda liña dirixida a empresas e autónomos.
As solicitudes deberán presentarse a través da plataforma temática habilitada polo Ministerio de Industria, ben directamente polos interesadoos ou a través do concesionario, dunha empresa de renting ou dunha entidade leasing. Entre a documentación necesaria figuran o permiso de circulación, a tarxeta ITV, os datos bancarios e factura de compra do vehículo.