Seis vivendas máis súmanse ao Plan de Illamento Acústico do aeroporto de Vigo
Aena busca os propietarios das vivendas afectadas en Vigo que aínda non solicitaron a axuda de insonorización
En total son 510 edificacións afectadas
275 xa están insonorizadas ou en fase de execución
Durante as engalaxes e as aterraxes o ruído que provocan os avións pode chegar aos 120 decibeis, moi lonxe dos 55 que recomenda a OMS, un ruído que se nota especialmente nas vivendas que están cerca das cabeceiras da pista.
"Retemblaban os cristais da ventá cando saían os avións, principalmente ao saír", apunta Jesús González, propietario dunha vivenda afectada
Jesús fala en pasado porque agora el xa ten insonorizada a súa casa. Aena cambioulle a carpintería exterior de portas e ventás.
"E unha marabilla, aínda que se sente un pouquiño pero", continúa.
A súa casa é unha das 510 que está na pegada de ruído do aeroporto de Vigo e que entra dentro do Plan de Illamento Acústico de Aena. Unha veciña foi quen o avisou de que existían estas axudas, que para case todos son insuficientes.
"Só cambiaban as ventás que están nas zonas de descanso, o salón e cuartos, o resto, cociña e baños aí xa ou quedaban as que estaban ou cambiábalas ti e pagábalas ti, claro", explica Elena Pérez, propietaria dunha vivenda afectada.
Só en casos excepcionais insonorizan tamén cubertas e fachadas. En total en Vigo Aena actuou en 275 edificacións, 6 delas aprobáronse hai apenas un días. Quedan 171 que tamén entran no plan, pero que os propietarios aínda non solicitaron a axuda.
"A min nunca me dixeron nada, nin eu preguntei tampouco nin nada, nin eu sabía tampoco que había esas axudas", recoñece Francisco Javier Iglesias, veciño afectado que non sabía da axuda.