Os doces de convento, unha cita clásica do Nadal na cidade da Coruña
Expoconvento ofrece produtos elaborados en máis de 50 conventos de España
Ringleiras para facerse cos doces de convento máis prezados. Hai máis de 200 variedades.
"Levamos unhas xemas, roscos, trufas". "Nós turróns, polvoróns, mazapáns".
Expoconvento é todo un clásico do Nadal na Coruña. Quilos e quilos de saborosas pezas elaboradas en máis de 50 conventos de España.
"Hai que percorrer a xeografía nacional porque as monxas en moitos dos conventos só venden no torno e hai que ir ata alí buscar o produto", explica Javier Morquera, organizador de Expoconvento, feira que se celebra na cidade galega desde fai 15 anos.
"Estou atopando moitas cousas ricas". "Son produtos máis caros, pero tamén máis naturais", di o público.
É todo produto artesán. Entre os de máis sona, o biscoito marroquí, catalogado como un dos mellores do mundo. Na representación galega hai novidades.
"Os monxes carmelitas de Compostela é unha comunidade nova que leva menos de dous anos en Galicia ou o Císter de Sobrado co seu famoso doce de leite", apunta Javier Mosquera.
Ata o luns día 8 permanecerá aberta a feira na sede de Capuchinos da Coruña, sempre e cando as existencias non se esgoten antes.