Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hórreos, Patrimomio Cultural Inmaterial

Os hórreos, Patrimomio Cultural Inmaterial

O Goberno aprobará a declaración no próximo Consello de Ministros

Unha figura de protección, polo seu papel na identidade colectiva

O concello ourensán de Avión atesoura máis dun milleiro de hórreos

 

G24.gal 01/04/2026 20:48

Canastro, cabaceira, canizo, piorno, espigueiro, hórreo... teñen tantos nomes como estensa é a súa presenza en Galicia. Construcións singulares que foron quedando sen uso ao perderen a súa función orixinal.

"Isto débese ao potencial que tiña no seu momento o millo, non só como alimento para os animais senón tamén para as persoas", explica Antonio Doval, investigador e profesor da USC que documentou os canastros de Avión.

Hoxe en día, o concello ourensán de Avión presume de ser dos que máis hórreos conservan e en mellor estado. Máis dun milleiro, concentrados en agrupacións únicas, coma este da eira de Barroso: 28 canastros que permanecen no seu lugar orixinal.

"Contamos con 93 agrupacións de canastros. Polos estudos que hai feitos, convértese no concello co maior número de agrupacións de canastros significativos", sinala Doval.

Son informantes silenciosos do estilo de vida dos nosos antepasados, que conectan con outras formas arquitectónicas, tamén tradicionais e tamén abandonadas.

Amancio Bruquet, presidente da asociación cultural Vive Avión: "A agricultura do millo, primeiro de secano e despois de regadío, supuxo facer quilómetros e quilómetros de levadas, ducias e ducias de muíños..."

Agardan que a declaración de Patrimonio Cultural se acompañe de fondos para a súa conservación.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar