Publicador de contidos

Publicador de contidos

Saber nadar e poñer o chaleco salvavidas para evitar disgustos nos deportes acuáticos

Saber nadar e poñer o chaleco salvavidas para evitar disgustos nos deportes acuáticos

Para unha práctica segura do piragüismo, os expertos recomendan levar acompañante e agarrar a embarcación en caso de caída á auga

Adestramento de piragüistas no río Miño ao seu paso por Lugo
Félix Aragunde 01/04/2026 20:10

Coa chegada da primavera, increméntase a práctica de deportes acuáticos como o piragüismo. Independentemente do tipo de embarcación que se empregue, tanto se trate dun caiac como dunha canoa, en primeiro lugar resulta fundamental saber nadar. E aínda así, débese procurar levar posto o chaleco salvavidas, un elemento que adoita cumprir co seu cometido.

"O máis básico é intentar non ir sós. É importante ir na compaña doutras persoas porque sempre pode pasar calquera cousa e sempre tiras dun acompañante. Tamén resulta básico saber nadar malia ser obrigatorio o uso do chaleco salvavidas, que fai flotar na auga", sinala Valeria Romero, técnico do club de piragüismo Cidade de Lugo. 

Malia as precaucións que poidan tomar, os padexeiros sempre poden acabar na auga. Para evitar incidentes, os expertos recomendan manter a calma e agarrarse á embarcación. E se non está de man, nadar no sentido da corrente.

"Collemos a piragua, que nos vai servir de soporte para non afundirnos, e deixámonos levar pola corrente. No caso de que a piragua se fora, agarámonos ao chaleco e facemos a posición do morto, cos pés cara adiante, xa que a corrente nos vai levar sempre a un remanso", aconsella Valeria Romero. 

Os clubes de piragüismo, que no noso país contan con milleiros de padexeiros federados, adoitan ofrecer xornadas de portas abertas nas que se iniciar na práctica segura dos deportes acuáticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade