Veciños que comparten a súa ilusión polo Nadal decorando a casa e abríndoa ao público
No barrio de Vioño, na Coruña, o Nadal chega cando Manolo monta o seu belén. Fórmano módulos repartidos entre os portais da urbanización onde el vive.
"Un módulo para cada portal. Son oito portais e dous metros para cada un. Dezaséis metros de longo mide hoxe o belén", explica Manolo Pan.
Leva 6 anos traballando nel. Todo feito á man. Agás as figuriñas, que, se ben non as fai, si as personaliza. Representan a veciños e veciñas e mesmo tamén a súa propia familia. Amais tamén recrea os comercios e tendas do barrio. Amosando un dos módulos, o dedicado á cidade, sinala que "aí está Jimena que é a conserxe do edificio e, ao seu carón, regando as plantas está o seu home o conserxe".
Silvia e Jaime teñen instalada no seu salón unha vila de Nadal. Todo comezou hai 20 anos con esta nora, e xa perderon a conta das pezas que teñen.
"Traídas de Holanda, Alemaña, Italia. Son marcas digamos que premium", sinala Jaime García.
Unha das últimas incorporacións: a Torre de Hércules. Un auténtico parque de atraccións aberto ás visitas.
"Ao público sorpréndelle a cantidade de cores e pezas que se moven, sobre todo á xente máis maior", engade.
Tanto o poboado de Nadal de Jaime e Silvia como o belén de Manolo permanecerán aberton ao público ata que rematen as festas de Nadal.