Publicador de contidos

Publicador de contidos

O maior dos irmáns de Negreira acusados de intentar matar o pai acúsao de maltratalos

O maior dos irmáns de Negreira acusados de intentar matar o pai acúsao de maltratalos

Os dous tiñan ideacións delirantes e animadversión cara a seu pai, ao que ese mesmo día denunciaran por supostamente envelenar o seu gato

G24.gal 04/03/2026 14:34

Impasibles asistiron Alberto e Ricardo á declaración do forense que os examinou tres días despois de que golpearan brutalmente a seu pai. Confirmou o diagnóstico de ambos: esquizofrenia paranoide un e psicose afectiva o outro. Os dous tiñan ideacións delirantes e animadversión cara a seu pai, ao que ese mesmo día denunciaran por supostamente envelenar o seu gato. Non asumen a enfermidade e deixaran a medicación 15 días antes. Iso puido aflorar as patoloxías, sumado ao consumo de alcol e drogas. Tamén confirmou que practicaban rituais místicos e que aseguraban ser interceptados por unha seita. No informe recomenda o ingreso nun centro psiquiátrico.

Aínda así, o forense considera que as súas capacidades estaban diminuídas, pero non anuladas, para cometer a agresión. O grao en que afecta é fundamental á hora de establecer a súa imputabilidade.

Tamén declarou o forense que examinou as lesións do pai. Asegurou que foron graves, pero a súa vida non correu perigo. A vista suspendeuse mentres outras dúas peritas examinaron os acusados para avaliar se podían declarar ou non.

Finalmente só declarou o maior dos irmáns, e só respondeu ás preguntas do seu avogado. Dixo que foi o pai o que lle estaba pegando a seu irman e que el lle axudou como puido. Acusou o pai de maltratralos toda a vida.

A Fiscalía rebaixou a pena a 7 anos de prisión por un delito de intento de homicidio. A defensa cualifícao como delito de lesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade