Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido por atacar o vehículo dunha deputada en Ceuta durante unhas protestas

Detido por atacar o vehículo dunha deputada en Ceuta durante unhas protestas

Julia Ferreras viaxaba nun coche canda un membro da Flotilla de Gaza e unha avogada

Foron confundidos cunha ONG navarra tachada de "radical" polos manifestantes

Sanchez, Feijóo e Vivas condenan a agresión

G24.gal 21/09/2026 11:57

A Policía Nacional detivo un cidadán ceutí acusado de causar danos nun vehículo onde viaxaban a deputada de Ceuta Julia Ferreras, o activista integrante da Flotilla a Gaza Rafael Borrego e a avogada experta en dereitos humanos Sofía Cánovas.

O incidente produciuse sobre as 20:15 h na saída de vehículos do Porto de Ceuta, onde se congregaran decenas de veciños da cidade para condenar a chegada do grupo pamplonés Negu Gorriak, ao que acusan de "radical" e de vir romper " a convivencia".

Os manifestantes lanzaron ovos contra o coche e zarandeárono ao confundilos con membros do grupo navarro. Foi precisa a intervención da Policía Nacional. Tamén houbo enfrontamentos entre as persoas da protesta e os axentes. Os antidisturbios tiveron que disparar ao aire para disolver o grupo.

O detido está acusado de danos ao vehículo e dun delito de atentado contra axentes da autoridade.

Sánchez pide non ser indiferente á "normalización do odio" 

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, advertiu que non se pode permanecer indiferentes ante a "normalización do odio", despois da agresión contra a deputada ceutí Julia Alejandra Ferreras e outras dúas persoas: "Vivimos nunha sociedade democrática que nos custou moito construír", dixo, "a violencia nunca é o camiño".

O presidente mostrou a súa solidariedade coa deputada de Ceuta Xa!, o activista Rafael Borrego e a avogada Sofía Cánovas, e recoñeceu o labor humanitario de todos os integrantes das ONG despregados en Ceuta.

Feijóo condena a agresión á deputada ceutí e defende que a violencia non ten cabida

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, condenou de xeito "firme" a agresión este domingo contra a deputada de Ceuta e outras persoas: "En democracia a violencia non ten cabida baixo ningunha circunstancia".

Nunha comparecencia de prensa en Ceuta, insistiu en que en democracia "non hai ningunha causa, ningunha protesta que poida xustificar un acto de violencia", e aproveitou tamén para dar o apoio do PP aos militares que sufriron agresións por parte das persoas "que invadiron" a cidade.

O presidente do PP tamén expresou a súa solidariedade cos ceutíes "polo agravamento da inseguridade que están a vivir nos últimos case dous meses".

O Goberno de Ceuta condena a agresión e fai un chamamento a "manter a calma"

O Goberno de Ceuta expresou este luns o seu "máis firme condena" ante a agresión sufrida pola deputada da Asemblea Julia Alejandra Ferreras, do partido Ceuta Xa!, a quen trasladou a súa "solidariedade e apoio", así como ao resto de persoas afectadas.

"Ceuta atravesa momentos de enorme dificultade, entendemos o cansazo, a preocupación, a indignación e mesmo a frustración de moitos ceutíes e entendemos que existen situacións que poden sentirse como provocacións e, sobre todo, que os cidadáns queiran saír á rúa para reclamar aquilo que consideran xusto e para esixir que Ceuta sexa escoitada, atendida e protexida", expuxo este luns o Goberno autonómico.

O Goberno ceutí fai un chamamento a "manter a calma e a expresar calquera lexítimo malestar polas vías democráticas". Ao mesmo tempo, sinala que "hai unha liña que nunca debemos cruzar e é que a violencia non é unha alternativa porque ningunha causa, por lexítima que sexa, ningunha reivindicación, por xusta que resulte, e ningunha provocación poden xustificar unha agresión".

O líder de Ceuta Xa!, Mohamed Mustafa, declarou nas redes sociais que a agresión contra o vehículo de Julia Ferreras foi esnaquizado sen ter nada que ver coa concentración nin a chegada destes grupos, senón que simplemente pasaba por ese lugar nese preciso instante da protesta.

Ferreras denunciou os feitos ante a Xefatura Superior de Policía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade