Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un traballador de 65 anos en Mos ao precipitarse ao baleiro

Morre un traballador de 65 anos en Mos ao precipitarse ao baleiro

Segundo fontes da Garda Civil, o home estaba no alto dunha escaleira de metro e medio e traballaba xunto a outro operario

G24.gal 04/03/2026 16:48

Un home de 65 anos faleceu na tarde deste mércores na localidade pontevedresa de Mos mentres traballaba en altura nunha vivenda.

Segundo fontes da Garda Civil, o home estaba no alto dunha escaleira de metro e medio e traballaba xunto a outro operario na parroquia de Sanguiñeda.

De momento, e á espera da autopsia, descoñécese se o home faleceu antes de caer da escaleira por causas naturais ou se o fixo despois de precipitarse por mor dalgún golpe.

 

O suceso produciuse pasadas as tres da tarde. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, GES de Mos e a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade