Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remedios Cabanelas fai 101 anos posando diante do mural de Mon Devane que protagoniza na aldea de Puxedo

Remedios Cabanelas fai 101 anos posando diante do mural de Mon Devane que protagoniza na aldea de Puxedo

Esta semana a veciña máis famosa da aldea, no concello ourensán de Lobios, celebrou o seu aniversario coa súa familia e amigos

O seu xeito de vida e a súa alegría son todo un exemplo da muller galega no rural 

Remedios Cabanelas posa diante do mural que protagoniza no centro da súa aldea de Puxedo
G24.gal 04/03/2026 14:45

Como a muller famosa que é, atopamos a Remedios posando para unha sesión fotográfica, diante do seu propio mural, en Puxedo, Lobios. Posou para o artista urbano Mon Devane no 2017 con 92 anos e agora xa pasa dos 100.  

O que non perdeu é o seu fermoso sorriso, o seu ollar pícaro nin a sabedoría dunha muller que sempre foi bela e algareira. 

E segue a ser unha bromista. A muller máis famosa, a influencer de Puxedo, e tamén a máis querida. E por iso toda a aldea celebra o xeito de vida desta musa do rural

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade