Liberdade de expresión, diversidade e creatividade no Día Internacional da Tatuaxe
Este 17 de xullo celébrase o Día Internacional da Tatuaxe
A moda e a aceptación social fan que cada vez sexan máis as persoas que deciden facer unha tatuaxe. Nun ano de profesión, Carla Rey di que máis que tendencias predomina o gusto de cadaquén: "Unha clienta fixo a súa primeira tatuaxe aos 60 anos, e só os fai porque lle encantan".
Con máis de vinte anos de traxectoria, Óscar fálanos dos tatoos en grupo: "Facer unha silueta dun dos do grupo sacada dunha foto nun partido de fútbol. Pasou o ano pasado cun grupo de 12 ingleses e oito deles levaron a tatuaxe así".
Este 17 de xullo celébrase o Día Internacional da Tatuaxe. Unha data na que se quere reivindicar a liberdade de expresión, a diversidade cultural e a creatividade artística que supón cada trazo.