Publicador de contidos

Publicador de contidos

Policía e técnicos municipais inspeccionan o Teatro Principal de Pontevedra tras caer o falso teito

Policía e técnicos municipais inspeccionan o Teatro Principal de Pontevedra tras caer o falso teito

Todos os feridos evolucionan favorablemente tras ser atendidos no hospital

Os espectáculos previstos no Principal tentarán ser reprogramados no Pazo da Cultura ou noutras dependencias municipais

Estudan se a humidade ou algún tipo de filtración, posiblemente provocada polos temporais do inverno, puidesen contribuír ao sucedido

G24.gal 21/03/2026 14:50

Axentes da Policía Cientifica e técnicos municipais realizaron este sábado unha primeira inspección no Teatro Principal de Pontevedra tras a caída parcial do seu falso teito durante un concerto.

Este suceso, que se rexistrou sobre as nove da noite do venres, provocou feridas leves en cinco persoas, entre elas unha muller que acabou cunha brecha na cabeza.

Todos os feridos evolucionan favorablemente tras ser atendidos no hospital.

Tras reiterar que o sucedido foi un "accidente", o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que este sábado acudiu ao teatro para comprobar os danos, indicou que se fará unha revisión "minuciosa" das instalacións.

En función do que determinen estas inspeccións tomaranse "as medidas pertinentes" para resolvelo e, mentres tanto, os espectáculos previstos no Principal tentarán ser reprogramados no Pazo da Cultura ou noutras dependencias municipais.

Aínda que non quixo especular coas causas do suceso, Fernández Lores explicou durante a súa visita que estudan se a humidade ou algún tipo de filtración, posiblemente provocada polos temporais do inverno, puidesen contribuír ao sucedido.

En todo caso, o rexedor indicou que "afortunadamente non houbo grandes desgrazas".

Con respecto ao mantemento do teatro, o alcalde indicou que "isto non era previsible que pasase" porque hai dous anos xa se arranxou o falso teito do patio de butacas "que era o que tiña certas dúbidas".

Segundo afirmou, os estudos determinaron que o resto estaba ben: "como isto xa ten unha certa idade calquera tipo de cuestión puido provocar que caese", declarou o alcalde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos