De ruta para coñecer a pegada do modernismo na arquitectura de Ferrol, Betanzos e A Coruñade Galicia
De ruta para coñecer a pegada do modernismo na arquitectura de Ferrol, Betanzos e A Coruñade Galicia
Galicia conta cun valioso legado arquitectónico de estilo modernista. Auténticas xoias de finais do século XIX e principios do XX que dan conta da evolución histórica, económica e estética de vilas e cidades.
Hoxe en día diversas iniciativas culturais e rutas turísticas poñen en valor este patrimonio.
Fachadas ornamentadas, balcóns de ferro forxado, motivos florais. Son algunhas das características do modernismo que en Galicia deixou un patrimonio arquitectónico cunha interpretación singular.
Cidades como Ferrol, A Coruña ou Betanzos están a poñer en valor o seu legado modernista. Edificios que reflicten a influencia das tendencias europeas de finais do século XIX e principios do XX.
Desde os concellos e tamén a través de iniciativas turísticas e culturais están a ser impulsadas rutas que achegan a cidadanía á pegada do modernismo na arquitectura galega.