Os estudos revelan que as redes e as apps de citas son os lugares onde os españois buscan parella
Segundo un estudo da Universidade de Stanford o 51% das parellas coñécense nas redes
A enquisa do CIS asegura que o 67% dos españois non cree que sexa máis doado atopar o amor en Internet.
Crece o uso das aplicacións de citas e a xente é consciente destes cambios xeracionais. A enquisa do CIS de hai menos dun mes sobre a percenpción social do amor deixa claro que os españois, o 85% así o cre, en cada época histórica existe unha maneira distinta de entendero o amor e as relacións sexuais.
Segundo o mesmo estudo entre ese 25% que algunha vez creou un perfil nunha aplicación de citas a maioría afirma que algunha vez tivo unha cita real, non virtual, a través desa app. Tamén recentemente a Universidade de Stanford indagou no tema. O 51% das parellas coñécense nas redes e non como antes a través de coñecidos da familia, dos amigos da rúa, do colexio... que era como faciamos hai vinte anos.
A calquera idade o amor segue estando no aire pero onde máis se busca é en internet, sexa en redes sociais ou aplicacións de citas. A socioloxía apuntala o que contan os estudos. Internet é o gran bar onde as novas xercións e as non tan novas se coñecen. A psicoloxía matiza os falsos mitos. Onde nos coñecemos non é determinante á hora da conexión real da parella e a súa duración.
"Eu creo que a app o que cambia é a forma do encontro, a forma de coñecerse. Non cambia tanto as vivencias posteriores a como se desenvolve o vínculo. O vínculo vaise desenvolver coas mesmas bondades e coas mesmas dificultades. Ao final aínda que eu coñeza a alguén nuha app imos ter que afrontar un proxecto de parella, as nosas vulnerabiliades, a nosas inseguridades, as nosas virtudes", conta a psicóloga Nuria Salgado.
Esta enquisa do CIS amosa que o 67% dos españois non cree que sexa máis doado atopar o amor en Internet.