Publicador de contidos

Publicador de contidos

O minimalismo é tendencia nas tatuaxes: liñas finas, pequeno formato e temática máis persoal

O minimalismo é tendencia nas tatuaxes: liñas finas, pequeno formato e temática máis persoal

A tatuaxe como forma de expresión corporal está en continua evolución

Alén dos deseños máis tradicionais que nuncan pasan de moda, as novas tendencias móvense entre o minimalismo e opersonal

G24.gal 17/04/2026 21:45 Última actualización 18/04/2026 12:41

Realismo, microrrealismo e liña fina. Son os estilos nos que se move un estudo de tatuaxe da Coruña. Apuntan como técnicas que están a marcar tendencia esta primavera.

"Sempre hai estilos que funcionaron dende sempre e que seguen a funcionar agora, pero si é verdade que agora hai estilos que se piden máis como o fine line ou os tribais que volveron", asegura Cristian Ucha, de W Tattoo Studio.

O auxe do minimalismo enlaza coa preferencia por deseños de pequenos formatos que responden a temáticas máis personalizadas. Non se trata só do que se ve, senón tamén do que se representa.

"Sobre todo a liña fina e o estilo fibonacci que é como unha mestura de liña fina con sombras delicadas e, polo xeral, as temáticas son de motivos máis familiares. Fotografías, nomes de persoas moi importantes nas súas vidas e tamén moito os animais e mascotas da familia", argumenta Camilo Triana, de La Tatuajería da Coruña.

Unha arte ancestral en constante evolución que incorpora tecnoloxía como a intelixencia artificial no proceso creativo. Como forma de expresión corporal, a tatuaxe desperta cada vez maior interese.

Mais tamén hai quen busca dar o paso para facer as súas propias creacións. De feito, La Tatuajería abriu na Coruña unha escola onde aprender a tatuar.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade