Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vida escolar fóra das aulas

A vida escolar fóra das aulas

Os grupos de WhatsApp entre pais e nais dos colexios convertéronse nunha ferramenta fundamental para a comunicación escolar

Os grupos de WhatsApp dos colexios xa son unha ferramenta cotiá
G24.gal 20/09/2025 15:30 Última actualización 19/09/2025 19:43

A vida escolar non só se decide nas aulas. Os grupos de WhatsApp dos colexios xa son unha ferramenta tan cotiá como inquietante.

A presión por estar sempre ao tanto das últimas novidades escolares e das actividades dos fillos pode transformar un grupo de WhatsApp nun lugar de tensión.  Mensaxes que chegan ás tantas, informacións rápidas e, ás veces, unha avalancha de ansiedade.

Nos últimos anos, os grupos de WhatsApp entre pais e nais dos colexios convertéronse nunha ferramenta fundamental para a comunicación escolar.

"É algo social. É algo que implica comunicación e é unha forma de que se coñezan tamén os pais entre eles", explica Ermitas Acebedo, psicóloga sanitaria.

Dende compartir información sobre actividades e reunións ata organizar eventos. Moitos pais aprecian a rapidez e a facilidade de comunicación e incluso debaten nel sobre a educación dos seus fillos.

Pero non todos os pais se senten igual respecto a eles. Moitos mostran sinais de frustración ante a saturación de mensaxes e a presión de estar sempre conectados.

"É importante que nós non vaiamos máis alá porque lle quitamos responsabilidades aos nenos. O espazo educativo é para que aprendan a equivocarse, asuman as consecuencias das cousas e vaian aprendendo pouco a pouco", di Ermitas Acebedo.

Os pais que se senten agobiados deben establecer límites claros sobre cando e como utilizar estas plataformas. As suxestións para mitigar o estrés inclúen non escribir a certas horas ou crear normas consensuadas no grupo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade