Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous condutores chegan ás mans por aparcar no hospital de Conxo, en Santiago

Dous condutores chegan ás mans por aparcar no hospital de Conxo, en Santiago

Os aparcadoiros dos hospitais galegos non teñen prazas suficientes para a cantidade de pacientes que acode a diario

As policías locais non teñen competencias, polo que nin regulan o tráfico nin denuncian coches mal aparcados

G24.gal 05/12/2025 14:43

Empezan mal, e acaban bastante peor. Chegan ás mans.

É a imaxe da frustración levada ao límite no aparcadoiro do hospital de Conxo, en Santiago. 

"É o que hai. Chega un, métese e tes que marchar porque senón armas unha bronca, e para que? Hai que respectar o sitio de quen está diante", sentenza un usuario á espera dun sitio.

A trasfega de coches e de pacientes nos aparcadoiros dos hospitais galegos é constante pero faltan prazas e sobran enfermos. 

"É unha pobreza. Vén un cun enfermo, a min deixoume aquí o marido e teño que esperar mentres el vai aparcar, se ten onde e senón ten que estar no coche ata que teña sitio".

"Os coches búscanse a vida e aparcan onde poden, mentres non veña o guindastre e os leve"

O guindastre non vai porque é un recinto privado no que a Policía Local non ten competencias. Aquí rexe a lei do máis hábil. 

"Cando vexo que vén alguén coas chaves, pregúntolle: vai sacar o coche? Dime que si e dime: alí". "Esperar e que teñas sorte de que ese non che teña o sitio xa ocupado". "Nós vimos tres. Dous para ira á consulta e eu para esperar no coche". "Éme máis fácil que me deixen aquí para entrar á cita á miña hora".

É a carioca que se morde a cola porque, sabendo das complicacións que hai, chegan moito antes da hora, sen tempo a que saian uns da consulta para aparcar os seguintes.  

"Xa veño con media hora ou corenta minutos de antelación porque entre que deixo a miña nai e vou aparcar, preciso uns vinte minutos, cun pouco de sorte". "Hai que vin cunha hora de antelación ou máis".

E, se hai sorte, bingo!

"Saen agora dúas señoras, a ver se alomenos chego non perdo a cita". "No CHUS é outra cousa porque hai un 'párking', págase pero alomenos vas para alí".

Hai que pagar e a que prezo!

"O outro é para os que levan coches de alta gama". "Nós temos vido e pagar nove ou dez euros nunha mañá".

Despois da queixa, queda tirar de resignación, porque solución non ven e chegar ás mans non é bo plan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade