Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atópanlle un coitelo duns trinta centímetros tras unha lea en Cangas

Atópanlle un coitelo duns trinta centímetros tras unha lea en Cangas

O home levaba a arma agochada na roupa cando se enfrontou a un grupo de mozos

A veciñanza quéixase de leas constantes entre a clientela dun bar que está na Rúa Real

G24.gal 09/03/2026 14:48

Todo empezou cun intercambio de palabras, que foi subindo de ton. Era media tarde, a plena luz do día.

"Había unha pelexa entre un grupo de rapaces e un señor maior. Escoitei algo dun amigo, "ao meu amigo, respéctalo", conta unha testemuña.

Sorte dunha chamada a tempo antes de que a cousa fora a máis, porque cando a policía chegou o grupo fuxiu, pero o señor maior ao que se refire a rapaza tiña agochado un coitelo. E pequeno non era. Nada que sorprenda na rúa Real.

"Moitas veces cara á tardiña empezan con insultos, que van a máis, alguén se levanta, un agarra a un, ese a outro, móvense mesas. Iso é bastante habitual", lamenta unha veciña. 

Agocha a cara e a voz porque teñen medo. Os enfrontamentos coa clientela do bar que teñen pegado, en pleno centro de Cangas, son habituais. 

"Cando un non está nas súas plenas facultades por estar baixo calquera tipo de droga, ven unha rapaza nova e dinlle calquera barrabasada, e son barrabasadas que afectan, que doen e que dan medo", engade a mesma muller. 

Son sempre os mesmos. Cada vez xente máis nova. Non se esconden. Vese de todo a calquera hora do día. De feito, todo apunta a que detrás desta última lea podería haber un desacordo por drogas.

"Eu nunca vin pasar droga pero si billetes e non de 50, e mesmo escoitar: "toma os teus 600 euros", confirma esa veciña, respaldada por outras que non queren falar.

O home que levaba o coitelo, duns 50 anos, é de Cangas e xa tiña antecedentes por delitos diferentes, pero nada relacionado con drogas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade