Publicador de contidos

Publicador de contidos

O alcalde de Crans Montana, imputado nas investigacións sobre o incendio mortal de Noitevella

O alcalde de Crans Montana, imputado nas investigacións sobre o incendio mortal de Noitevella

O instrutor inculpa tamén un exconcelleiro e outros tres mandos do departamento de Seguridade na investigación do incendio que provocou 40 mortos

Dos 115 feridos, 38 seguen hospitalizados dous meses despois da traxedia, 12 en Suíza e 26 no estranxeiro

Os cinco acusados deberán responder por homicidio por neglixencia, lesións corporais por neglixencia e incendio por neglixencia

A xente depositou candeas nos arredores do bar suízo sinistrado A xente depositou candeas nos arredores do bar suízo sinistrado
G24.gal 09/03/2026 15:49

O alcalde de Crans Montana, a localidade alpina de Suíza onde se rexistrou un tráxico incendio a pasada Noitevella, foi imputado no marco das investigacións arredor deste drama, en que morreron 41 mozos e máis dun centenar resultou ferido, confirmaron este luns as autoridades.

Ademais do alcalde Nicolás Féraud, outras catro persoas foron incorporadas á instrución como inculpados: o exconcelleiro responsable de Seguridade Pública entre 2021 e 2024, o antigo responsable de seguridade en materia de protección contra incendios e o seu adxunto (2020-2024), así como un membro do actual equipo de seguridade.

Os cinco acusados deberán responder por homicidio por neglixencia, lesións corporais por neglixencia e incendio por neglixencia, os mesmos cargos que se imputan aos propietarios do bar Le Constellation, onde pouco despois da medianoite do 1 de xaneiro produciuse unha das peores traxedias vividas en Suíza nas últimas décadas.

Os propietarios do local nocturno, Jacques e Jessica Moretti, ambos de nacionalidade francesa, foros os primeiros imputados e participaron xa en varias dilixencias.

Tamén estaba xa imputado o antigo e actual responsable de seguridade do municipio de Crans-Montana.

Dos novos imputados, Féraud é o personaxe máis coñecido e co cargo de maior responsabilidade, e desde finais de xuño era obxecto dunha denuncia penal por parte da familia dunha vítima con graves queimaduras

Ademais, o alcalde de Crans Montana é lembrado por negarse nunha conferencia de prensa transmitida en directo a pedir perdón ás vítimas e ás súas familias, o que lle atraeu moitas críticas non só en Suíza, senón tamén en Italia e Francia, países que tiveron numerosas vítimas no incendio.

Dos 115 feridos, 38 seguen hospitalizados dous meses despois da traxedia, doce en Suíza e 26 no estranxeiro.

Prohibición de artefactos pirotécnicos

Por mor do ocorrido, o Goberno suízo aprobou unha norma que prohibe a partir do 1 de abril o uso de artefactos pirotécnicos en todos os locais abertos ao público como parte da revisión do regulamento contra incendios.

En Le Constellation, o incendio empezou cando as faíscas dunhas luces de bengala adheridas a unha botella de champaña acenderon o teito cuberto dunha escuma insonorizante altamente inflamable, a partir da cal o lume se propagou nun minuto, segundo determinaron as investigacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade