Publicador de contidos

Publicador de contidos

A urbanización Costa Miño encara unha nova etapa

A urbanización Costa Miño encara unha nova etapa

O recinto residencial está ao 90 por cento de ocupación

O Concello de Miño segue cunha débeda de 19 millóns de euros a pagar ata o 2060

G24.gal 05/12/2025 14:47

Esqueletos de formigón, parcelas sen uso e rúas baleiras. Son imaxes dos primeiros anos da urbanización Costa Miña, concibida no 2004 como un gran proxecto residencial con centos de chalés canda un campo de golf. Tres anos despois, comezaron a chegar os primeiros propietarios.

"Había unha sensación de inseguridade e abandono. Non se sabía como ía acabar todo isto".

Un ano máis tarde chegou a crise inmobiliaria, e con ela, a parálise desta urbanización. "Veu a liquidación de Fadesa, no 2010. Viñeron as sentenzas en contra do Concello e foi declarado responsable subsidiario para pagar os xustiprezos porque os tribunais déronlles a razón aos expropiados. A débeda era de 25 millóns de euros. Agora quedan 19 a pagar ata o 2060", explica Manuel Vázquez Faraldo, alcalde de Miño.

Porén, nos últimos anos houbo unha gran transformación na zona. Algunhas promocións paralizadas reactiváronse e a contorna comezou a coidarse. Un novo auxe que foi impulsado pola pandemia. "A xente estaba farta de vivir nun piso e interesáronse por esta zona", engade Vázquez Faraldo.

Na actualidade, esta urbanización que está xa nun 90 por cento de ocupación. Agora, todos os que apostaron por este enclave confían en que, tras unha longa agarda, Costa Miño recupere o pulso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade