Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a venda fraudulenta de gasóleo bonificado nunha gasolineira de Campo Lameiro

Investigan a venda fraudulenta de gasóleo bonificado nunha gasolineira de Campo Lameiro

A Garda Civil comisou 3.050 litros de gasóleo B e outros 300 litros de gasóleo C

G24.gal 05/12/2025 15:18

A Garda Civil abriu unha investigación tras localizar unha gasolineira de Campo Lameiro onde se estaba vendendo sen autorización gasóleo bonificado (tipo B e C), e incautouse de máis de 3.000 litros do combustible.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, os feitos ocorreron o pasado martes, cando axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras de Vilagarcía estaba a realizar un servizo rutineiro pola zona de Campo Lameiro. A dotación recibiu un aviso dun cidadán que informaba da venda fraudulenta, en garrafas, de gasóleo bonificado nunha estación de servizo desa localidade.

Tras varias vixilancias discretas, os axentes foron á gasolineira para realizar unha inspección. Así, localizaron, nunha leira anexa, un camión cisterna dado de baixa na DXT, e que se usaba como depósito, no que se almacenaban 2.050 litros de gasóleo B e 300 litros de gasóleo C. Así mesmo, noutro anexo da gasolineira, atoparon un depósito con outros 1.000 litros de gasóleo B. A

A Garda Civil comprobou que o responsable da estación de servizo só ten autorización para a venda de gasóleo A, polo que, tras a extracción de mostras, os axentes precintaron os dous depósitos, comisaron 3.050 litros de gasóleo B e outros 300 litros de gasóleo C.

Por todo iso, confeccionáronse actas de denuncia por infraccións á Lei 38/1992 e ao RD 1715/2012, ambas normativas de Impostos Especiais. Ditas actas e as mostras foron remitidas á Dependencia Provincial de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade