Cargando resultados...
Un camión queda atravesado na estrada tras envorcar e perder a carga en Vilalba
O camión transportaba leite envasado, que quedou esparexido
O condutor saíu ileso
O accidente foi no quilómetro 10 da estrada LU-541
G24.gal
09/03/2026 19:11
Un camión que transportaba leite envasado envorcou no quilómetro 10 da estrada LU-541 á altura de Ladra, no concello de Vilalba.
O 112 tivo coñecemento do accidente a través da chamada dun particular. Nun primeiro momento pensouse que o condutor podería estar atrapado, pero, conseguiu saír do camión polos seus propios medios.
O camión quedou atravesado na estrada ocupando todos os carrís e coa carga, leite envasado, esparexida pola vía. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.