Publicador de contidos

Publicador de contidos

Importantes desvíos en Vigo na contorna do Concello por unhas novas ramplas

Importantes desvíos en Vigo na contorna do Concello por unhas novas ramplas

A obra, de dous meses e 3,3 millóns, implica a conexión entre a Porta do Sol e O Castro

G24.gal 09/03/2026 21:05 Última actualización 09/03/2026 21:51

En Vigo acaban de empezar as obras no paseo de Granada para facer novas ramplas que comuniquen as da Porta do Sol coa rúa Venezuela. É unha rúa pequena pero moi sensible  porque está moi próxima ao Concello, a unha escola infantil e a un colexio.

O obxectivo é que estas ramplas mecánicas que comezan na Porta de Sol rematen na rúa Venezuela aos pés do Castro e do Concello. Pero para iso cómpre aturar dous meses de obras e desvíos.

A outros o cambio benefíciaos. O concello vai investir dous meses e tres millóns seiscentos mil euros. Segundo  a asociación de taxistas Élite con estes cambios o aparcadoiro do concello está ao trinta porcento de ocupación.

Esta asociación ofreceu ao concello unha alternativa de tráfico que xeraría menos impacto pero polo de agora non foron escoitados.

Suxeriran unha rotonda portátil ou provisional  neste cruzamento de Venezuela con Blein Budiño, así habería un carril de baixada nesa rúa a Rolda de don Bosco baixo a ponte  para favorecer o acceso á praza dos Reis e á Escola Infantil da vella Gota de Leite, favorecendo a conexión co paseo de Alfonso e desatoando Camelias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade