Renfe desvía a circulación dos trens de media distancia por unha incidencia na infraestrutura en Padrón
Renfe desvía a circulación dos trens de media distancia por unha incidencia na infraestrutura en Padrón
Renfe estabelceu un transporte alternativo por estrada entre as dúas estacións
Un problema na infraestrutura ferroviaria en Padrón mantén cortada a circulación de trens de media distancia entre Padrón e Vilagarcía. A incidencia obrigou a Renfe a desviar o outros trens e estableceu un transporte alternativo por estrada entre as dúas estacións.
A incidencia tamén obrigou a un tren de media distrancia da ruta A Coruña-Vigo a retroceder ata a bifurcación de Arcade para seguir pola liña que vai de Redondela a Santiago. Ata o momento non se fixo público o motivo da incidencia nin o tempo que vai ser preciso para solventala.
De momento Adif publicou un chío infomando os usuarios na súa conta de X @InfoAdif
Afectación: trenes de MD desviados por Padrón Barbanza.
— INFOAdif (@InfoAdif) March 1, 2026