Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os galegos enchen as xeaderías grazas á chegada da calor

Os galegos enchen as xeaderías grazas á chegada da calor

As altas temperaturas rexistradas no centro da comunidade convidaron a gozar dos xeados na rúa 

G24.gal 19/04/2026 22:16 Última actualización 19/04/2026 22:56

Temperaturas de verán equivalen a ringleiras nas xeaderías. Son moitos os que aproveitan este pequeno anticipo do verán para gozar dunha das alternativas máis refrescantes.

"Xa era hora de que chegaran as boas temperaturas. Hoxe o tempo invita ao xeado, se cadra outro día xa non", comentaban os clientes.

Chega tamén un dos debates máis intensos do ano: cal é o mellor sabor de xeado?

"Os novos son máis de 'cookie'. Os máis vellos prefiren sabores como a nata ou o pistacho", afirman dende as xeaderías.

No que si coinciden a maioria é en apostar polo produto artesán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade