Expourense acolle unha nova edición do Car Outlet para vehículos de ocasión, seminovos e quilómetro cero
Expourense acolle unha nova edición do Car Outlet para vehículos de ocasión, seminovos e quilómetro cero
Puxeron á venda máis de catrocentos coches de 28 marcas, con prezos que van dende os 8.900 euros, ata os 94.000
Aquí pódense atopar coches seminovos, quilómetro cero ou de ocasión, con importantes descontos e vantaxes
Ourense é a provincia cos coches máis vellos de toda España, cunha media de 18 anos por vehículo, moi por riba dos 14 de media nacional
A idade media do parque móbil ourensán medrou un 20% nos últimos cinco anos. Pasou dos 14 a máis de 18 anos de antigüidade.
"O meu é do 2000, ten 26 anos, por iso hai que cambialo."
"Subíu todo así que supoño que os coches non poden ser a excepción."
"Pois un coche un pouco económico, porque está todo súper carísimo. É para unha filla que precisa coche porque ten unha carraca."
Pois quen o desexe ten aquí unha oportunidade para facelo: entrégase de xeito inmediato, con garantía, e ata un 40% máis barato.
"A xente o que ven buscar pois é bo prezo, calidade e se poden pagar bo prezo pois mellor."
"Estamos regalando seguro a todo risco a todo aquel que se anime a comprar un vehículo nesta feira."
O vehículo máis demandado segundo ACAUTO é un diésel, con entre dous e cinco anos e que roldaos quince ou vinte mil euros. Pero semella que a tendencia de a pouco vai cambiando
"Hai moita oferta de vehículos híbridos, eléctricos e eso pode axudar a renovar o parque de Ourense."
En 2025 os novos motores supuxeron máis do 70% das ventas en Ourense, mentres que o diésel perdeu o 42 % da súa cuota. As marcas chinesas pola súa banda, rexistraron crecementos de vendas de máis do 300 %. Neste salón tamén medraron as vendas con respecto o pasado ano.
"Pois a verdade é que as vendas, a data de onte a noite, incrementáronse un dezaseis por cento, o que significa que continuamos na mesma tendencia que segue a cinta de tráfico en Ourense."
En Ourense véndense case cinco coches de ocasión por cada un novo, aquí atopamos o máis barato por menos de 9.000 euros. O máis caro chega os 94.000.