Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Salón do Automóbil de Ourense presenta as últimas novidades de 27 marcas

O Salón do Automóbil de Ourense presenta as últimas novidades de 27 marcas

Á hora de mercar un coche é moi importante poder comparar prezos e modelos

A feira reuniu máis de 300 vehículos de quince empresas concesionarias da provincia

Expourense acolle a 16ª edición do Salón do automóbil de Ourense.
G24.gal 19/10/2025 15:05 Última actualización 19/10/2025 17:26

"O máis positivo desta feira é que nos xuntamos nun mesmo salón 350 modelos de todas as marcas, a xente pode vir a un mesmo stand para comprobar toda a oferta agora mesmo no mercado de automóbiles en España", César Fernández, o presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense.

Descontos interesantes e un asesoramento personalizado, é o que ofrece o Salón do Automóbil en Expourense. Porque se queremos mercar agora un coche xorden moitas dúbidas: hai unha morea de modelos e motorizacións, de combustible, (diésel ou gasolina) híbrido, ou eléctrico. 

As novas tecnoloxías están mudando o mercado do automóbil. Por exemplo, en canto aos eléctricos o que máis preocupa é a autonomía. E irrompen novos modelos. 

"É un modelo cunha autonomía brutal, 792 quilómetros de autonomía. Temos un cliente que xa lle entregamos un a semana pasada e foi a Madrid sen paradas", explica Diego Fernández, do concesionario Automóbiles Louzao Mercedez-Benz.

"Levamos un pouco máis de 60 coches vendidos e agardamos que hoxe sexa un gran día", asegura o presidente da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade