Publicador de contidos

Publicador de contidos

Decembro, o mellor mes para mercar coche

Decembro, o mellor mes para mercar coche

Os concesionarios buscan cumprir os obxectivos de vendas do ano

Anuncian liquidacións de stock con descontos ata o 30 %

 

 

G24.gal 23/12/2025 14:10

As ofertas de final de ano son o empurrón que moitos buscan para lanzarse a cambiar de coche.

"Claro, eu aproveito para botar un ollo e darlle unha pensada porque en decembro moitos liquidan e baixan os prezos".

"Eu acabo de mercar coche, veño recollelo, non o fixen a propósito por ser decembro pero é verdade que o comprei a bo prezo, igual foi por mercalo agora".

Carteis de liquidación, desconto e oferta adornan os concesionarios neste tempo, en que mercar un coche pode saír ata un 30 % máis barato.

"Nesta data aquí temos coches de 22.000 euros a 18.000, ou un modelo de híbrido enchufable que vale 47.000, por uns 40.000 euros", explica Elena Pazos, responsable de vendas de Compostela Motor, en Ames.

O motivo de tanto choio non é outro que pechar as contas do ano, cadrar obxectivos e facer espazo para os modelos de 2026.

"Temos que pechar o ano e aínda hai stock dispoñible, así que animamos a que se algún despistado non fixo carta de Papa Noel que a faga. Temos moito que ofertar e coas mellores condicións e prezos de todo o ano".

E todo para rematar un 2025 en que aumentaron as vendas. No que vai de ano entregáronse en Galicia máis de 27.000 coches. Pero queda sumar os datos de decembro, e ver se Papá Noel decide chegar sobre rodas neste Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade