Publicador de contidos

Publicador de contidos

A suba do combustible afecta con forza a persoal autónomo e transportistas

A suba do combustible afecta con forza a persoal autónomo e transportistas

Aseguran que en moi pouco tempo estes incrementos repercutirán nos consumidores

Con esta evolución, un camioneiro pagará máis de mil euros de diferenza a finais de mes

G24.gal 07/03/2026 14:25 Última actualización 07/03/2026 15:06

Hai unha semana co inicio da guerra, a gasolina estaba a 1,50€. En sete días subiu máis de 12 céntimos. O prezo do diésel superou xa o 1,70€ e iso significa que encher un depósito medio é agora ata 9 euros máis caro.

Os que máis sufriron a suba dos combustibles desta semana son os transportistas. A repercusión para eles é inmediata.

"Nós tivemos unha variación no combustible de arredor de case 1000 euros en todos os tanques dos camións", di un traballador dunha empresa de transporte.

"Ao mes por camión pode supor unha variación de máis de 1000 euros e iso é inviable", di un camioneiro.

Aseguran que no seu caso non hai maneira de abaratar, o seu traballo está totalmente condicionado por uns prezos que acabarán repercutindo tamén na clientela. O mesmo di o persoal autónomo.

"Os prezos están polas nubes, vai haber menos choio porque a xente agora deixa de limpar, rozar e facer cousas porque nós tamén temos que subir o prezo", di un traballador do sector forestal.

"Ao final vai pasar todo ao consumidor e claro imos chegar a un punto que vai ser insostible, para nós, para os clientes e para todo o mundo".

"O que non me explico é como sobe tanto dun día para outro, porque a compra do combustible está feita anteriormente, e os prezos están aí", di un condutor. 

A OCU advertía esta semana de que esta suba que estamos notando responde a un encarecemento do petróleo Brent previo á guerra e que os efectos do conflito tardarían 15 días en chegar ao consumidor.

Deste xeito, os condutores miran polo de agora a curto prazo coa incerteza do que pode pasar se o conflito se alonga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade