Publicador de contidos

Publicador de contidos

As aeroliñas cancelan voos e trasladan a alza do combustible aos billetes

As aeroliñas cancelan voos e trasladan a alza do combustible aos billetes

A Axencia Internacional da Enerxía calcula que se necesitarán máis de dous anos para recuperar a situación

G24.gal 17/04/2026 15:08

Os prezos das rutas aéreas comezan a escalada.

 "Están máis caros, claro", di unha viaxeira.

As reservas de combustible permiten manter o prezo a curto prazo, pero hai aeroliñas coma Volotea que xa comezaron a trasladar a suba do combustible ao billete.

 "O carburante é un elemento fundamental. Representa o 25 % dos custos totais polo que ten un impacto enorme", explica Marco Sansavini, CEO de Iberia.

Compañías coma KLM ou Lufthansa comezan a cancelar rutas e deixar avións en terra. A alza de prezos chega ás portas da tempada de verán.

"Houbo un certo parón das reservas porque a xente está intentando ver qué vai pasar de cara a este verán", asegura o Presidente de Aeroliñas Españolas, Javier Gándara.

Desde as axencias advirten.

 "Se o billete está comprado, non poden subir o prezo", di Óscar Regal, da axencia de viaxes Embaixador.

Desde o sector recomendan mercar os billetes canto antes en previsión de que o conflito se manteña.

"Despois da parada de hai un mes agora é evidente que as compañías utilizan rutas seguras", di Óscar Regal.

A Axencia Internacional da Enerxía calcula que serán necesarios polo menos dous anos para recuperar a situación previa ao bloqueo de Ormuz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade