Stellantis remata en Vigo as primeira unidades da furgoneta K9 Low Cost
A multinacional activou un período de "confidencialidade" para evitar filtracións sobre o modelo
Xa están rematadas as primeiras unidades da furgoneta K9 Low Cost na planta de Stellantis de Vigo. A multinacional activou un período de "confidencialidade" no taller do sistema 2 de montaxe para evitar que se poidan filtrar datos sobre este modelo que pretende competir no mercado coa fabricación china.
A direccion trasladou hai uns días oficialmente aos traballadores o comezo da fabricación deste novo modelo e activou ese período de confidencialidade que busca protexer toda a información sensible desas furgonetas K9 renovadas.
Trátase dunha aposta de Stellantis para competir en prezo e calidade cos fabricantes chineses neste nicho de mercado. As preseries da que se coñece internamente como SCK comezan agora a se producir en Balaídos e o lanzamento ao mercado está previso para finais deste 2026.