Publicador de contidos

Publicador de contidos

Basilio Otero: "Estamos ao límite; se o gasóleo continúa así, acabaremos amarrando"

Basilio Otero: "Estamos ao límite; se o gasóleo continúa así, acabaremos amarrando"

O presidente da Federación Nacional de Confrarías asegura que o sector non pode soportar o encarecermento actual do gasóleo pola guerra de Irán

O xoves teñen prevista unha reunión con representantes do ministerio

O sector decidirá a semana que vén a posibilidade de realizar unha paralización coordinada da flota 

Glòria Sánchez/Europa Press
G24.gal 17/04/2026 09:43

 

​"Ao límite". Con estas palabras define o presidente da Federación Nacional de Confrarías a situación do sector como consecuencia da suba continada do gasóleo por causa da guerra de Irán.

O litro de combustible para uso pesqueiro pasou dos 60 centimos en xaneiro a 1,2 €, e os profesionais do mar advirten que, se a situación non muda, acabarán amarrando. "Cando acabe a campaña da anchoa iremos ao garete", describe Basilio Otero nunha entrevista no Bos días da TVG. "Estamos traballando a perdas".

Otero afirma que a axuda de 20 céntimos ofrecida polo Goberno é insuficiente e afirma que está habendo distorsións co prezo do gasóleo.

Hai uns días enviou unha carta ao presidente do Goberno alertando da situación e para o xoves teñen previsto unha xuntanza co secreario xeral de Pesca do ministerio. 

Na reunión trasladaranlle que a súa situación é insostible: "Non podemos seguir nesta situación, hai que darlle unha volta a esta forma de traballar, poque non somos rendibles", afirma, "cando remate a campaña da anchoa todo o mundo terminará amarrando".

O sector decidirá a semana que vén se realiza unha paralización coordinada da flota en sinal de protesta.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade