Cargando resultados...
Polo menos cinco detidos nunha operación contra o tráfico de drogas en Fisterra e Arteixo
Os axentes incautáronse de droga e de bastante diñeiro

G24.gal
17/09/2025 17:34
Última actualización 17/09/2025 17:45
Un operativo da Policía Nacional contra o tráfico de drogas deixou polo menos cinco detidos nas localidades coruñesas de Fisterra e Arteixo.
No transcurso da operación, os axentes incautáronse de droga e de bastante diñeiro, segundo trasladan fontes policiais, que aínda non poden especificar as cantidades. O caso, do que aínda non transcenderon máis detalles, instrúese nun xulgado da Coruña.