Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home de Mos ao que lle interviñeron unha plantación de marihuana

Detido un home de Mos ao que lle interviñeron unha plantación de marihuana

Quedou en liberdade coa obrigación de comparecer en sede xudicial cando sexa requirido

Comisaron un total de nove plantas de marihuana de gran tamaño (Garda Civil) Comisaron un total de nove plantas de marihuana de gran tamaño (Garda Civil)
G24.gal 17/09/2025 18:07

A Garda Civil detivo un veciño de Mos de 50 anos que ocultaba no interior da leira da súa casa unha plantación de marihuana.

A Garda Civil soubo da existencia da plantación polas queixas dos transeúntes, que detectaban un forte cheiro a marihuana cando pasaban pola zona.

Tras uns meses de vixilancia puideron verificar a existencia dunha plantación de marihuana nun xardín dunha vivenda unifamiliar, de modo que solicitou mandamento xudicial de entrada e rexistro no domicilio obxecto.

Alí aprehendéronse un total de 9 plantas de marihuana de gran tamaño: entre 160 e 180 centímetros de alto, de 257 ramas de cogollos de marihuana e de sete quilos de cogollos en tres caixas dispostos para a súa introdución no mercado ilícito.

Ademais, acharon unha báscula de precisión, un deshumidificador e un foco de secado.

O detido e as dilixencias foron entregadas no Xulgado de garda de Porriño, onde se decretou a súa posta en liberdade coa obrigación de comparecer en sede xudicial cando sexa requirido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade