Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desmantelan unha plantación de marihuana en Mos grazas ao cheiro

Desmantelan unha plantación de marihuana en Mos grazas ao cheiro

No xardín da vivenda, había nove plantas moi altas, con 257 follas cargadas de gromos e outros sete quilos listos para vender

É a segunda operación contra o cultivo de marihuana en menos de dez días na provincia de Pontevedra

 

G24.gal 18/09/2025 14:23

O olfacto dos veciños foi clave. As nove plantas eran altas, de entre metro e medio e dous de altura, con 257 ramas cargadas de gromos de marihuana. Estaban no xardín dunha vivenda de Mos, de maneira que pasaran desapercibidas, pero foi imposible disimular o cheiro.

Tras a alerta cidadá, a Garda Civil vixiou a casa durante meses ata conseguir a orde de rexistro. Ademais da plantación, atoparon sete quilos de gromos listos para vender no mercado negro.

O propietario, que supostamente estaba de alugueiro e que levaría pouco tempo vivindo na zona, é un home de 51 anos, que quedou en liberdade con cargos.

A operación de Mos é a segunda en dez días na provincia de Pontevedra contra o cultivo de marihuana. A primeiros de mes, a Policía Local de Poio desmantelou outra plantación extensiva con ducias de plantas. Curiosamente, tamén grazas ao cheiro que saía da propiedade. Comisaron algo máis de 50 quilos de droga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade