Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous detidos por unha vaga de roubos de coches en Pontevedra e Portugal

Dous detidos por unha vaga de roubos de coches en Pontevedra e Portugal

Os investigadores cren que están relacionados coa subtracción de, polo menos, dez vehículos

Os arrestados roubaban os coches en Pontevedra e fuxían a toda velocidade a Portugal

Na operación ademais das Policías Nacional e Local participaron organismos internacionais como Interpol e Schengen

Imaxe da Policía Nacional dalgúns dos coches roubados e recuperados Imaxe da Policía Nacional dalgúns dos coches roubados e recuperados
G24.gal 06/11/2025 17:10 Última actualización 06/11/2025 17:47

Un operativo conxunto entre a Policía Nacional e a Policía Local de Pontevedra permitiu a detención de dúas persoas ás que se lles considera responsables dunha vaga de roubos de coches rexistrada en Pontevedra e Portugal.

Os investigadores vinculan a estas dúas persoas con, polo menos, a subtracción dunha decena de vehículos. Ademais, un dos detidos protagonizou recentemente dúas rechamantes fuxidas da policía, nos municipios pontevedreses de Poio e Redondela, onde roubara senllos vehículos.

Esta operación, na que colaboraron organismos internacionais como Interpol e Schengen, remóntase ao pasado mes de agosto, cando as autoridades comezaron a detectar unha onda de roubos de vehículos en Pontevedra. Os delincuentes sempre usaban o mesmo modus operandi e aproveitaban o descoido dos propietarios do coche que deixaban estacionado en establecementos comerciais ou domicilios particulares coas chaves postas no interior. Tras as primeiras investigacións, os axentes determinaron que os presuntos autores eran unha parella que se apoderaba dos vehículos e fuxía a toda velocidade a Portugal. Unha vez alí, ofrecíanllos a terceiros para usalos tras cambiar as placas de matrícula.

A operación permitiu recuperar dous coches portugueses e catro españois. Nas inspeccións practicadas nos vehículos, os axentes atoparon armas brancas de gran tamaño e efectos subtraídos aos propietarios dos coches roubados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade