Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado un veciño de Trives de 39 anos ao que lle requisaron 15 plantas de marihuana

Investigado un veciño de Trives de 39 anos ao que lle requisaron 15 plantas de marihuana

A Garda Civil requisoulle 15 plantas e 355 talos de marihuana seca preparada para o seu consumo

Requisaron 15 plantas e 355 talos de marihuana/Garda Civil Requisaron 15 plantas e 355 talos de marihuana/Garda Civil
G24.gal 18/09/2025 17:31

A Garda Civil investiga como presunto autor dun delito contra a saúde pública un veciño da Pobra de Trives de 39 anos ao que se lle comisaron 15 plantas e 355 talos de marihuana seca preparada para o seu consumo.

Segundo informou a Garda Civil de Ourense, tras realizar varias investigacións o día 17 de setembro, os axentes realizaron unha entrada e rexistro á vivenda do investigado.

Alí comisaron unha plantación de marihuana, distribuída en dous invernadoiros e nunha zona de secado no interior da vivenda. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución da Pobra de Trives. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade