Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous feridos nunha pelexa a marteladas por tráfico drogas en Vilagarcía

Dous feridos nunha pelexa a marteladas por tráfico drogas en Vilagarcía

Un dos feridos está ingresado en estado grave, o outro foi localizado con lesións tras fuxir do lugar

G24.gal 09/09/2025 12:45

Dous homes quedaron feridos, un deles grave, en Vilagarcía de Arousa por unha pelexa con uso de martelo vinculada co tráfico de drogas.

A Policía Local recibiu o aviso ás 08:30 da mañá, aproximadamente, dunha persoa que alertaba dunha pelexa con instrumentos de ferraxería, apuntando a un martelo como posible peza empregada.

Dúas patrullas desprazáronse a Trabanca Badiña, en concreto na rúa da Pena. Alí atoparon, con abundante sangue, un home de 42 anos, precisaron en Urxencias Médicas 061. O home estaba tendido no chan convulsionando. Foi trasladado ao Hospital do Salnés polas emerxencias, que mobilizaron ao lugar un soporte de vital básico e outro de vital avanzado.

O outro implicado, tamén un home de mediana idade, fuxiu. Nas inmediacións localizouse o martelo. Posteriormente, tamén se deu co fuxido, que presentaba lesións e foi trasladado ao Hospital do Salnés, onde permanece custodiado pola Policía Nacional. Na Policía Local, vinculan o sucedido cun asunto de tráfico de drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade