Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sae do cárcere o investigado por causar o grande incendio de Oímbra mentres rozaba

Sae do cárcere o investigado por causar o grande incendio de Oímbra mentres rozaba

A xuíza entende que o risco de reiteración do delito e de destrución de probas perdeu intensidade, polo que xa non está xustificada a medida

Continuará investigado por un delito de incendio por imprudencia grave, lesións graves e danos e deberá comparecer de forma periódica no xulgado

Foi o segundo incendio máis grande da historia de Galicia ao afectar a unha superficie de 23.736 hectáreas

Incendio en Oímbra o pasado mes de agosto (EFE / Brais Lorenzo) Incendio en Oímbra o pasado mes de agosto (EFE / Brais Lorenzo)
G24.gal 09/09/2025 11:09

A titular da praza 1 do Xulgado de Instancia de Verín, tras a petición da Fiscalía, decretou a posta en liberdade do home de 46 anos que en agosto foi detido e enviado a prisión provisional por supostamente provocar o grande incendio forestal de Oímbra (Ourense) mentres realizaba labores de limpeza e roza.

Segundo confirman fontes xudiciais, este home sairá do cárcere, onde ingresou o 17 de agosto, por entender a xuíza que o risco de reiteración do delito e de destrución de probas perdeu intensidade, polo que xa non está xustificada a medida.

Con todo, continuará investigado por un delito de incendio por imprudencia grave, lesións graves e danos e deberá comparecer de forma periódica no xulgado mentres continúe a instrución da causa.

O incendio de Oímbra, que tamén afectou os municipios de Xinzo de Limia, Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar, foi o segundo máis grande da historia de Galicia ao afectar a unha superficie de 23.736,65 hectáreas, segundo as últimas estimacións dispoñibles o día da súa extinción, o 31 de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar