Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio de Oímbra arrasou xa arredor de 15.000 hectáreas

O incendio de Oímbra arrasou xa arredor de 15.000 hectáreas

É un dos tres máis devastadores da historia de Galicia que se produciron ademais de xeito simultáneo

G24.gal 20/08/2025 13:51

O de Oímbra é un incendio activo agora mesmo, cunha superficie queimada estimada, segundo a Consellería do Medio Rural, en 15.000 hectáreas. Na provincia enteira permanece decretada a situación 2 e son 8 os concellos afectados por este lume. Na extinción do mesmo traballan ou traballaron de xeito acumulado 18 técnicos, 117 axentes, 161 brigadas, 104 motobombas, 4 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 18 helicópteros e 33 avións.

Os axentes da Unidade Militar de Emerxencia tamén están presentes e traballando a pleno rendemento como esta mesma noite con contralumes tácticos e acción permanente contra as lapas. O incendio de Oímbra é un dos tres máis grandes e simultáneos da historia de Galicia dende que hai rexistros.

A escasos 10 quilómetros da fronte oriental deste incendio permanece tamén activo un en Vilardevós, na parroquia de Moialde, que queimou xa arredor de 500 hectáreas e que se reactivou o pasado xoves. Tamén nese mesmo concello, lindeiro con Verín e Oímbra, hai dous incendios máis estabilizados.

Un, na parroquia de Vilar de Cervos, que lindaba ao suroeste co incendio principal en no que as lapas xa non se propagan libremente e que presenta unha evolución favorable aínda que arrasou 900 hectáreas ata que foi estabilizado esta medianoite. Outro, na zona de Fumaces, con 100 hectáreas afectadas que lonxe aínda de considerarse extinguido si que leva estabilizado dende a madrugada do martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade