Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisan unha vizosa plantación de 51 quilos de marihuana en Poio

Comisan unha vizosa plantación de 51 quilos de marihuana en Poio

A local fora a Campelo comprobar o cable eléctrico e atopáronse coa plantación

Algúns exemplares medían máis de dous metros

O dono está investigado por un delito contra a saúde pública

G24.gal 08/09/2025 13:48

51 quilos de plantas de marihuana que xa estaba para recoller. A Policía Local de Poio comisou todo este material, que gravou e pesou xa cortado nas súas dependencias. Estaban nun terreo particular dunha vivenda encaixada entre outras propiedades particulares na parroquia de Campelo.

O veciño ao que lle requisaron a droga fora investigado por conectarse fraudulentamente á electricidade e unha comprobación rutineira de como estaba a situación levou a este achado. 

Aos axentes chamoulles a tención o vizosa que estaba a plantación de marihuana, con exemplares que incluso superaban os dous metros e medio de altura. 

Así as cousas, o propietario está a ser investigado por un presunto delito contra a saúde pública. Esta é a terceira intervención deste tipo en Poio nos últimos anos, pero é o caso máis voluminoso. A investigación continúa aberta.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade