Publicador de contidos

Publicador de contidos

As noites calorosas elevan a mortaldade ata un 3%

As noites calorosas elevan a mortaldade ata un 3%

Así se reflicte nun estudo científico a nivel mundial liderado desde Galicia e publicado na revista Environment International

O problema agrávase nas cidades que acumulan máis calor que o rural
 

A calor aféctalles máis ás persoas vulnerables, que poden agravar as súas enfermidades cardiovasculares, respiratorias e neurolóxicas
G24.gal 08/09/2025 14:44

Acaban de publicarse os resultados dun estudo de investigación internacional liderado dende o CSIC pola Misión Biolóxica de Galicia. Buscaban os efectos que as noites tropicais podían producir na saúde. Analizaron máis de 14 millóns de mortes en 178 cidades de 44 países. Descubriron que un 3% delas foron a consecuencia dos cada vez máis frecuentes episodios de noites tropicais. En España avaliaron os datos de 42 capitais de provincia.

"Dentro de España temo sobre todo Córdoba e Granada, pero despois, por exemplo, se nos movemos a Galicia temos Ourense", informa Domenic Roye, investigador Ramón y Cajal do CSIC

As noites máis perigosas son durante a primeira vaga de calor do verán porque os corpos aínda non están adaptados.

"A primeira sempre é máis mortal e implica máis risco que despois ao final do verán"

É a primeira vez que un estudo pon o foco nas temperaturas nocturnas porque a noite é o momento que o corazón necesita para baixar o ritmo e recuperarse do estrés térmico xerado durante o día.

"A termorregulación, o traballo do sistema cardiovascular e tamén respiratorio está en marcha, e iso fai que o ritmo cardíaco non pode baixar, ten que estar nun certo nivel para poder realmente perder esa calor", explica o científico

Esta evidencia científica é o punto de partida para implementar medidas de prevención ante as cada vez máis noites tropicais, non só aclimatando a temperatura nos fogares senón tamén nas propias cidades que sempre acumulan máis calor que no rural.

"O que temos que facer é poder reducilo, aumentando vexetación, aumentando a posibilidade de ventilación dentro da cidade. A evidencia científica está aí, agora hai que plasmalo en accións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade