Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escala inaugural en Vigo do buque rebautizado como Renaissance con mil pasaxeiros a bordo

Escala inaugural en Vigo do buque rebautizado como Renaissance con mil pasaxeiros a bordo

A nova propietaria do buque, a navieira Compagnie Française de Croisières, mercouno en 2022 e mudoulle o nome despois de investir 30 millóns de euros na súa reforma

Foi botado en 1993 nos estaleiros de Monfalcone, en Italia, e forma parte dunha serie de catro buques xemelgos

G24.gal 26/10/2025 20:58 Última actualización 26/10/2025 21:22

A cidade olívica dáballes a benvida nesta escala inaugural aos 1.088 pasaxeiros e 512 tripulantes que viaxan a bordo. O buque, rebautizado como Renaissance pola nova propietaria, unha compañía francesa, foi construído en estaleiros italianos en 1992. Ten 220 metros de eslora e 30 de manga.

O cruceiro, antes denominado Maasdam, era propiedade da armadora Holland America Line, que o vendeu en 2020 á navieira grega Seajets Ferries e pasou a chamarse Aegean Myth. CFC Croisières gastou 30 millóns de euros na reforma integral do barco, que volveu navegar en xuño de 2023. O Renaissance pertence a unha serie de catro buques xemelgos que se chaman Statendam, Ryndam e Veendam.

Ás sete da tarde abandonaba o porto de Vigo, despois de doce horas atracado no peirao de transatlánticos. De Vigo partiu cara á localidade gala de Dunkerque, onde rematará unha travesía de once noites que iniciou noutro porto francés, o de Marsella. Fixo parada en Cartaxena, Almería, Xibraltar, Cádiz e Leixõoes. A Vigo volverá en pouco tempo, xa que ten previsto facer nova escala o vindeiro catro de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade