Publicador de contidos

Publicador de contidos

Premio récord na Primitiva: un acertante logra 126 millóns de euros

Premio récord na Primitiva: un acertante logra 126 millóns de euros

Premio dun millón de euros para un boleto despachado en Noia

O anterior premio máis importante data de outubro de 2015 onde un acertante de Barcelona gañou máis de 101 millóns de euros

G24.gal 16/03/2026 22:48

No sorteo da Primitiva deste luns hai un boleto acertante na categoría Especial (6 + reintegro) e na 1ª (6) premiado en total con 126.469.236 euros, que foi validado a través da canle oficial da internet de Loterías e Apostas do Estado: www.loteriasyapuestas.es.

Este é o maior premio que repartiu 'La Primitiva' en toda a súa historia, segundo informou Loterías e Apostas do Estado nunha nota, na que lembrou que o anterior premio máis importante data de outubro de 2015 onde un acertante de Barcelona gañou máis de 101 millóns de euros.

Ademais, hai outros dous gañadores da primeira categoría que obtiveron 364.193 euros cada un, que validaron os seus boletos no Despacho Receptor da Urbanización Roquetas de Mar, na localidade almeriense do mesmo nome, e na Administración de Loterías número 2 de Vall D’Uixó (Castelló).

No sorteo do JOKER hai un acertante cun premio de 1.000.000 de euros, que foi validado na Administración de Loterías de Noia (A Coruña) situada en Rúa do Cantón, 24.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar