Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tráfico de cruceiros deixa na Coruña cada ano máis de 80 millóns de euros

O tráfico de cruceiros deixa na Coruña cada ano máis de 80 millóns de euros

Cada cruceirista deixa de media uns 150 euros

Comercio, hostalería e transporte son os sectores máis beneficiados

Os 6.000 cruceiristas do Iona pasan unha xornada na Coruña

G24.gal 24/02/2026 15:13

O tráfico de cruceiros bate marcas históricas na Coruña. Case medio millón de turistas na pasada campaña que aproveitan a escala para facer gasto.

 "Cando ven un barco é coma se nos tocara un cupón da ONCE na cidade pero moi repartido", di o Consignatario, Luis del Moral. 

Son taxis, autobuses para desprazamentos, guías turísticas e sobre todo, o comercio. Os turistas mercan roupa, zapatos e recordos da terra.

"Levan moita artesanía de Galicia e de comercio galego. Iso é un selo de identidade de Galicia que vai polo mundo adiante", explica Javier Pastoriza, Presidente da zona comercial Obelisco

Pero tamén a hostalería que mantén unha oferta de calidade para un turista esixente.

"A maior parte dos cruceiros veñen en días a semana en que hai menos xente. Complementa moito a actividade e iso é clave para mante o emprego".

As cifras económicas que move o tráfico de cruceiros falan por si mesmas.

"Cada cruceirista deixa uns 150 euros. Iso supón un efecto inducido de arredor de 80 millóns de euros", calcula o Director da Cámara de Comercio, Manuel Galdo. 

Un retorno económico que este ano se vai ver limitado pola imposición da taxa turística municipal.

"Entrar no porto da Coruña unhas nove horas a buques coma o Iona suponlles 40 mil euros. Coa taxa turística son 49 mil euros . Máis dun 20 %", detalla o consignatario, Luis del Moral.

O sector agarda recuperar as cifras con vistas ao 2027.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade