Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denunciada unha clínica privada de Ourense por inflar facturas de operacións maxilofaciais

Denunciada unha clínica privada de Ourense por inflar facturas de operacións maxilofaciais

A Fiscalía denunciou o centro médico O Carmen por un suposto delito de estafa ao Sergas por cobrar de máis polas operacións maxilofaciais, derivadas da sanidade pública 

Sanidade non ten constancia da denuncia 

Xulgados de Ourense Xulgados de Ourense
G24.gal 16/03/2026 19:58

A Fiscalía Provincial de Ourense interpuxo denuncia contra unha clínica privada de Ourense por un suposto delito de falsidade documental e estafa cara ao Sergas ao inflar facturas de operacións maxilofaciais.

A denuncia presentouse contra o centro médico O Carmen de Ourense e o cirurxián da área de cirurxía oral e maxilofacial e tamén contra o Grupo Recolectas Saúde Ourense, que xestiona o citado centro médico, e os seus xerentes. 

No seu escrito, o Ministerio Fiscal explica que o citado centro médico, onde son derivados os pacientes do Sergas que requiren intervencións cirúrxicas maxilofaciais, estaría a realizar esas operacións incluíndo nas facturas sedación, cando en realidade unicamente únicamente se lles pon anestesia local aos pacientes.

Facturaban case 35 euros de máis en cada operación 

Isto supón que en lugar de facturar 76,44 euros pola intervención, estarían a facturar 110,89 euros ao Sergas, "co consecuente prexuízo para o erario público". Na súa denuncia, a Fiscalía cita varios exemplos e ampárase tamén no informe policial.

Pola súa banda, a Consellería de Sanidade indicou que "non ten constancia" da comunicación da denuncia por parte da Fiscalía.

Cando se teña coñecemento dos termos desa denuncia, continúan, avaliarán "en profundidade" e "colaborarán" na investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade