Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reflotan o barco afundido no peirao de Bouzas e controlan a mancha de combustible

Reflotan o barco afundido no peirao de Bouzas e controlan a mancha de combustible

Durante a madrugada o pesqueiro, de bandeira de Cabo Verde e que levaba tempo abandonado, foi izado cun guindastre

G24.gal 20/02/2026 11:05

Técnicos da Autoridade Portuaria de Vigo reflotaron nesta madrugada de venres un barco de Cabo Verde que se afundiu no peirao de Bouzas, deixando unha mancha de combustible flotando na auga.

Trátase dun barco que estaba abandonado, segundo fontes da Autoridade Portuaria, a cal se viu na obriga de despregar barreiras anticontaminación por mor desa vertedura de combustible.

Aínda que a vertedura está completamente controlada, segundo as mesmas fontes, de momento as barreiras anticontaminación continúan na dársena de Bouzas, que foi onde se afundiu a embarcación a última hora do xoves.

A Policía Portuaria, os profesionais en sustentabilidade do Porto e o propio presidente do organismo portuario, Carlos Botana, desprazáronse ata o lugar, cara a onde se levou un guindastre para reflotar o barco, de 40 metros de eslora e seis de manga, que levaba tempo abandonado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade