Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cerqueiros foron ao mar de día para capturar as sardiñas de San Xoán

Os cerqueiros foron ao mar de día para capturar as sardiñas de San Xoán

As embarcacións tiñan permiso para saír ao mar de día para fornecer os mercados este martes, pero as mellores horas para as capturas empezan coa caída do sol

TVG
G24.gal 23/06/2026 08:59

Nas cacharelas é imprescindible a sardiña. Para que este martes estivesen a tempo nas peixerías, os barcos do cerco saíron nas últimas horas para o mar en horarios pouco habituais. Adoitan ir ás noitiñas, pero este luns foron polo día, aínda que á luz do sol é máis difícil collela.

No porto de Oza, na Coruña, varios cerqueiros partiron pouco despois das doce do día. Non é habitual saír tan cedo. É máis doado coller a sardiña desde que morre o sol.

"Para a sardiña nunca saímos a esta hora. Saímos sempre ás seis ou ás oito, pero hoxe é un día especial", conta Marcos Alfeirán, do Pasa Aquí.

Foi unha mañá de preparativos fóra do horario habitual. Os cerqueiros poden saír ao mar o luns ás doce, pero algúns patróns nin se acordaban. As caixas baleiras, en cuestión de horas, terían que vir cheas de sardiña. Para que este martes pola mañá cedo estivesen nas peixerías, tiveron que estar na lonxa á tarde ou á noite.

Non hai garantías de que haberá sardiña en abundancia, pero case.

"Penso que haberá. A semana pasada había moita, vimos moita en moitos sitios. Penso que vai haber", di  Marcos Alfeirán, do Pasa Aquí.

Os barcos, contra o reloxo, na busca de sardiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade